Atención a dependencia e persoas maiores

Servizo de axuda no fogar

O servizo de axuda no fogar (SAF) é un servizo público de carácter local consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.

O SAF poderá prestarse a persoas ou unidades de convivencia para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

Tamén, con carácter subsidiario do programa de educación e apoio familiar , poderá dar unha resposta preventiva, educativa e socializadora fronte a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.

Obxectivos:

  • Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
  • Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
  • Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
  • Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
  • Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
  • Retardar ou evitar a institucionalización.
  • Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Contido do servizo:

De conformidade coa valoración técnica realizada polos servizos sociais que en cada caso correspondan, poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:

-Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no propio domicilio:

  • Asistencia para levantarse e deitarse.
  • Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
  • Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
  • Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
  • Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espazo-temporal.
  • Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia

-Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda que incidan e axuden na mellora do contorno das persoas usuarias e da súa familia. Se é o caso, determinadas tarefas domésticas, como alimentación a domicilio, poderán ser facilitadas por servizos específicos.(Servizo de Xantar na Casa):

  • Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
  • Compra de alimentos e outros produtos de uso común.
  • Preparación dos alimentos.
  • Lavado e coidado das prendas de vestir.
  • Coidados básicos da vivenda.

-Acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias da vida diaria.

 

Unha vez garantido o nivel básico de atención poderá incorporar ademais os seguintes tipos de actuacións de carácter complementario:

 

  1. Actividades de acompañamento, socialización, e desenvolvemento de hábitos saudables.
    2. Servizo de empréstito de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal. Para estes efectos enténdese por axuda técnica calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía ou software, fabricado especialmente ou dispoñible no mercado, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na actividade e restricións na participación social das persoas.
    3. Adaptacións funcionais do fogar.
    4. Servizo de podoloxía a domicilio.
    5. Servizo de fisioterapia a domicilio.

 

Persoas destinatarias:

O SAF estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como a fogares con menores nos que se observe necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.

Darase prioridade no acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do SAAD.
Sen prexuízo dos criterios de carácter xeral establecidos na Orde, as ordenanzas municipais reguladoras do servizo establecerán os sistemas de acceso por libre concorrencia ao SAF, en tanto que prestación básica do sistema de servizos sociais, para situacións diferentes á contemplada no parágrafo anterior.

 

TRAMITACIÓN:  Nos centro social de Melide departamento de servizos sociais  ( solicitando cita previa) ou  na sede electrónica do Concello de Melide.

Xantar na casa

Xantar na casa é un programa social de atención nutricional dirixido a persoas maiores de 60 anos en situación de dependencia e sen rede de apoio ou persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, avaliada esta polos servizos sociais.

O obxectivo fundamental de dito programa é o de prestar apoio no domicilio mediante prestacións alimentarias e de seguimento persoal para mellorar a calidade de vida e a autonomía dos usuarios e usuarias.

Dito servizo e mirando dende unha perspectiva integral é a posibilidade de completar o servizo de axuda no fogar e de atender as necesidades relacionadas coa alimentación dos nosos maiores ou outros usuarios ou usuarias. Con este servizo tamén se pretende que os usuarios e usuarias manteñan o máximo a súa propia capacidade de independencia e autonomía e que teñan a posibilidade de permanecer nos seus propios fogares cunhas condicións aceptables.

O servizo consistirá nunha entrega de xantares un día a semana, estas dietas son totalmente personalízables a cada persoa segundo prescrición medica

 

Teleasistencia

A teleasistencia domiciliaria é un servizo de atención telefónica ininterrompida cun equipamento de comunicacións e informática específicos, que lles permite ás persoas usuarias, ante calquera situación de emerxencia e con tan só apertar un botón, comunicarse coa central, atendida por persoal especializado, para dar resposta á crise presentada, ben sexan situacións de emerxencia sanitaria, inseguridade, soidade e/ou illamento..

O servizo pretende proporcionar unha resposta inmediata que permita establecer unha comunicación entre o usuario e o centro de atención durante as 24 horas do día os 365 días do ano.

O programa de teleasistencia domiciliaria vai dirixido a :

  • Persoas que viven ou están soas e cuxas limitacións físicas e/ou psíquicas lles impidan ou dificulten a solicitude de axuda ou aviso a familiares e servizos médicos en caso de urxencia.
  • Persoas que padezan patoloxías ou teñan limitacións persoais polas que se encontren en situacións de especial fraxilidade ou vulnerabilidade, e que requiran a utilización de dispositivos de alarma e control.

Centro Social de Melide

Centro Social

Centro Social

Envellecemento activo

O Programa ten como obxectivos a prevención e deterioro físico, cognitivo e de saúde que vai asociado a idade, co obxecto de lograr un envellecemento activo e saudable e una mellor calidade de vida, prestando unha especial atención o contexto social e da comunidade, propiciando a comunicación a participación e o intercambio social.

O programa de envellecemento activo realiza acción de :

  • Prevención e deterioro físico ( ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica, pilates, ioga…)
  • Promoción da actividade cognitiva ( taller de estimulación e reforzo da memoria)
  • Promoción da actividade de ocio e tempo libre (taller de manualidades, taller de informática, baile…)
  • Charlas informativas