Cultura Concello Melide

A área de Cultura do Concello de Melide pon ao dispor da cidadanía unha oferta cultural estable e actual, seguindo sempre criterios rigorosos de máxima calidade.

Dispoñemos dunha excelente infraestructura para levar a cabo calquera manifestación cultural, concertos, representación teatrais, cinema, exposicións, etc.

A través desta páxina presentamos os principais espazos culturais que o Concello de Melide pon á disposición de todos os veciños e visitantes, así como a súa programación.