Escolas infantis
- Escola infantil municipal A Martagona
- Escola infantil Galiña Azul
Programa de apoio familiar
O programa ten por obxecto atender e previr as situacións que poidan provocar risco social nos e nas menores e as súas familias, desenvolvendo accións que melloren a súa situación.
Prestarlles ás familias e aos/ás menores, en situación de maior vulnerabilidade e risco social, os apoios necesarios para o desenvolvemento das súas obrigas e tarefas cotiás, previndo o risco ao que se poden ver expostos, realizando accións de apoio e promoción, de complemento á escolarización, así como desenvolvendo actividades de prevención, formación e divulgación.