![Medio Ambiente Concello Melide](https://concellodemelide.gal/wp-content/uploads/2022/02/Servizo-Normalizacion-Linguistica.jpg)
O Concello de Melide dispón dun Servizo de Normalización Lingüística que ten por obxectivo acrecentar o uso e o prestixio do galego en todos os ámbitos do termo municipal. As tarefas e funcións do dito servizo atinxen tanto ao corpus como ao status da lingua.