Servizo de axuda no fogar
O servizo de axuda no fogar (SAF) é un servizo público de carácter local consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.
O SAF poderá prestarse a persoas ou unidades de convivencia para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención.
Os obxectivos principais son: mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu entorno, favorecer e potenciar a autonomía persoal ,evitar ou retardar a institucionalización…
Contido do servizo:
De conformidade coa valoración técnica poderán ofrecerse atención de carácter básico:atención de carácter persoal nas ABVD, actividades das necesidades de carácter doméstco e da vivienda ,acompañamento persoal na realización de outras actividades necesarias da vida diaria .
Persoas destinatarias:
O SAF estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como a fogares con menores nos que se observe necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo.
TRAMITACIÓN: Nos centro social de Melide departamento de servizos sociais ( solicitando cita previa) ou na sede electrónica do Concello de Melide.
Xantar na casa
Xantar na casa é un programa social de atención nutricional dirixido a persoas maiores de 60 anos en situación de dependencia e sen rede de apoio ou persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, avaliada esta polos servizos sociais.
O obxectivo fundamental de dito programa é o de prestar apoio no domicilio mediante prestacións alimentarias e de seguimento persoal para mellorar a calidade de vida e a autonomía dos usuarios e usuarias.
O servizo consistirá nunha entrega de xantares un día a semana, estas dietas son totalmente personalízables a cada persoa segundo prescrición medica.
Teleasistencia
A teleasistencia domiciliaria é un servizo de atención telefónica ininterrompida cun equipamento de comunicacións e informática específicos, que lles permite ás persoas usuarias, ante calquera situación de emerxencia e con tan só apertar un botón, comunicarse coa central, atendida por persoal especializado, para dar resposta á crise presentada, ben sexan situacións de emerxencia sanitaria, inseguridade, soidade e/ou illamento..
O servizo pretende proporcionar unha resposta inmediata que permita establecer unha comunicación entre o/a usuario/a e o centro de atención durante as 24 horas do día os 365 días do ano.
O programa de teleasistencia domiciliaria vai dirixido a persoas que viven soas ou están soas con limitacións psíquicas ou físicas, e persoas con patoloxias ou que teñan limitacións persoais que se encontren en situación de vulnerabilidade