RISGA
A Renda de Inclusión Social de Galicia é unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral, mediante o dereito e o deber de participar en procesos personalizados de inserción con apoio técnico e financeiro do Sistema galego de servizos sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.
INGRESO MÍNIMO VITAL
O Ingreso Mínimo Vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que viven solas ou están integradas nunha unidade de convivencias e carecen de recursos económicos básicos para cubrir as súas necesidades básicas.
VIOXÉN
O Sistema de Seguimento Integral dos casos de Violencia de Xénero, Sistema Vioxén, púxose en funcionamento co obxectivo de facer unha labor preventiva, emitindo avisos, alertas, evaluando o risco e protexendo ás vítimas da violencia de xénero.
AXUDA A DOMICILIO
O Servizo de Axuda a Domicilio pretende xestionar a demanda dun conxunto de atencións na casa, en aquelas situacións nas que a autonomía persoal sexa limitada ou exista desintegración familiar.
SERVIZO GALEGO DE ATENCIÓN Á DEPENDENCIA
O Servizo de Atención á Dependencia pretende configurar un novo desenvolvemento dos servizos sociais que complemente a acción protectora e poida dar resposta ás necesidades de atención das persoas en situación de dependencia.