ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A Escola Infantil Municipal de Melide iniciou a súa andaina no ano 1997, con catro aulas. Nos seguintes anos, a demanda foise incrementando, polo que se fixo precisa unha ampliación do centro que pasaría a contar con seis unidades educativas. Na actualidade, este centro ten funcionando dúas unidades cun total de 30 usuarios. O persoal co que conta son catro traballadoras, unha directora, unha mestra, unha educadora e un persoal de apoio.

Ademais dos propios coidados que se lle dan aos meniños como aseo, alimentación ou descanso, tamén se desenvolven unha serie de actividades educativas para fomentar o seu proceso de aprendizaxe e socialización en todas as súas dimensións a través do xogo, do descubrimento…

 Rúa Martagona s/n
 981507738
 escola.infantil@concellodemelide.gal

PROGRAMA DE APOIO FAMILIAR

O programa ten por obxecto atender e previr as situacións que poidan provocar risco social nos e nas menores e as súas familias, desenvolvendo accións que melloren a súa situación.

Prestarlles ás familias e aos/ás menores, en situación de maior vulnerabilidade e risco social, os apoios necesarios para o desenvolvemento das súas obrigas e tarefas cotiás, previndo o risco ao que se poden ver expostos, realizando accións de apoio e promoción, de complemento á escolarización, así como desenvolvendo actividades de prevención, formación e divulgación.