UNIVERSO DIVERSO

Universo Diverso é un programa de autonomía , lecer e tempo libre especializado e dirixido a aquelas persoas que non teñen aceso a un lecer independente debido a unha diversidade funcional que repercute na súa autonomía persoal, limitándoa. Ofrecer alternativas de diversión , aprendizaxe e integración social a este colectivo, procurando actividades significativas para persoas e fomentando así  a súa participación nas mesmas. Ademais do goce persoal , festivo e de integración das actividades, busca tamén un enfoque terapéutico e socio educativo. Para elo utilizara o lecer como canalizador do desenvolvemento de capacidades ou aspectos relacionados coa diversidade , tanto a nivel físico, psíquico como sensorial, mediante a combinación de diferentes actividades culturais, sociais, deportivas etc dun xeito diferente e divertido. O programa desenvolverá un abordaxe integral sobre o conxunto dos elementos que constitúen a ocupación , a través das areas sensitivo motriz e psicosocial .