Os servizos sociais municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención as necesidades sociais de todo a poboación e previr a desigualdade. Os servizos sociais son o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e a participación social de todo a poboación, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos.
Os programas que se levan a cabo nos servizos sociais son desenrolados por un equipo interdisciplinario de profesionais do ámbito social.
Este equipo profesional realiza a atención a cidadanía, facilitando o acceso das persoas e os recursos sociais existentes nas diferentes areas:dependencia, maiores, inclusión social, diversidade funcional, voluntariado, etc
A función dos servicios sociais comunitarios están recollidas no artigo 11 da lei 13/2008, polo que a actuación dos profesiónais vai enfocada a consecuciendo dos obxectivos descritos na lei.