Xul 20, 2022 | Axenda, Deporte

O Concello de Melide organiza, coa colaboración do Cire de Melide, Deputación de A Coruña, Queixería Terra de Melide, Jim Sports e Pulpería a Garnacha a XL edición do Torneo de Fútbol Sala que se celebra cada ano no mes de agosto.

Contará coas seguintes categorías: Feminino, Prebenxamín ( nados en 2015/2016), Benxamín (nados en 2013/2014), Senior, Alevín (nados en 2011/2012), Infantil (nados en 2009/2010) e Cadetes (nados en 2007/2008).

O torneo celebrarase no Polideportivo Municipal de A Martagona entre os días 1 e 26 de agosto  e o prazo de inscrición finaliza ás 20:00h do 29 de xullo.