PLAN BÁSICO AUTONÓMICO

O Plan Básico Autonómico (PBA), de Galicia é un instrumento de planeamento urbanístico que ten por obxecto delimitar, no territorio da nosa Comunidade, as afeccións derivadas da lexislación sectorial, e identificar os asentamientos de poboación existentes.

Ao mesmo tempo, o Plan establece unha regulación de carácter xeral dos diferentes usos do solo e da edificiación.

O Plan Básco Autonómico (PBA), formulouse pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio segundo o disposto nos artigos 49 e 50 da Lei 2/2016 do 10 de febreiro do solo de Galicia e do artigo 90 e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento.