O Concello de Melide conta cunha ampla oferta de actividades nas Escolas Culturais Municipais.

O concello oferta varias actividades nas que teñen cabida persoas de todas as idades: Teatro, Ballet, Baile Moderno, Pintura, Costura, Fotografía, Cociña e Club de Lectura de Adultos.

A maiores, o Concello de Melide tamén leva a cabo actividades de Memoria, Ximnasia e Novas Tecnoloxías no Centro Social orientadas a persoas de maior idade.

As actividades, que normalmente comezan no mes de outubro e finalizan no verán, realizanse en distintas dependencias municipais.