~

Sede

Electrónica

Perfil

do contratante

Taboleiro

de anuncios

Os Campamentos de Pascua municipais ofrecen unha axuda á conciliación ás familias de Melide durante a Semana Santa

Mar 11, 2024 | Actualidade, Novas

A actividade, gratuíta, desenvólvese entre o luns e o mércores de Semana Santa no CEIP de Melide en horario de mañá. As inscricións permanecen abertas ata o 18 de marzo.

O Concello de Melide anuncia a celebración dos Campamentos de Pascua durante a Semana Santa. Esta actividade ofrece un tempo de lecer e socialización para as nenas e nenos do municipio, á vez que permite ás familias contar cun recurso de conciliación durante os días laborais desta semana vacacional no ensino.

Os campamentos terán lugar en horario de mañá de 9h a 14h, entre o luns 25 e o mércores 27 de marzo, no CEIP Nº1 de Melide. O prazo de inscrición continúa aberto ata o vindeiro luns 18 de marzo, con prazas limitadas. Esta inscrición pode efectuarse de forma telemática na sede electrónica municipal, ou a través do rexistro na Casa do Concello.

Os Campamentos de Pascua son unha actividade gratuíta para as persoas usuarias.