Ago 12, 2022 | Actualidade, Avisos, Novas

Trala solicitude recibida de Espina & Delfín, empresa subministradora da auga, o concello vese na obriga de tomar medidas para aliviar a situación.

MELIDE 12 de agosto de 2022.–  O Concello de Melide non é alleo a problemática da seca que está a provocar situacións de prealerta na meirande parte dos concellos de Galicia pola escaseza de auga.

Debido á previsión de que a escaseza e/ou ausencia de choiva se vai manter nas vindeiras semanas e ao aumento no consumo, motivada pola afluencia de visitantes nesta época do ano, a empresa subministradora vén de comunicar ao concello a necesidade de adoptar medidas que poidan aliviar a situación.

Prohibir o uso de auga potable para encher piscinas, regar, baldear, limpeza de fachadas e vehículos son algunhas das medidas que se adoptaron.

Asemesmo ínstase ás empresas e comercios a minimizar o máximo posible o consumo de auga.

Ante a problemática existente, dende o Concello de Melide apélase á resposanbilidade individual, tomando medidas que permitan facer un uso sostible e responsable dun ben esencial como é a auga.