Abr 30, 2024 | Actualidade, Novas

Trátase dun programa de intervención sociocomunitaria deseñado especificamente para as contornas máis rurais, que ten o obxectivo de fomentar a saúde integral de persoas afectadas por enfermidades.

A Asociación Española Contra o Cancro na provincia de A Coruña presentou onte os seus novos Clubs de Saúde, un programa de intervención sociocomunitaria deseñado especificamente para as contornas máis rurais, que ten o obxectivo de fomentar a saúde integral de persoas afectadas por enfermidades ou situacións que interferen na súa esfera persoal, familiar ou social.

Na presentación participou o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, a concelleira de saúde, Carmen Liñeira, o presidente da Asociación Española Contra o Cancro na Provincia da Coruña, Manuel Aguilar; os alcaldes de Cedeira e Vimianzo, Pablo Diego Moreda, e Mónica Rodríguez, respectivamente, o xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, e a responsable de Coordinación Territorial da Asociación, Rocío García de la Barga. Tamén estiveron persoas voluntarias da Asociación Española Contra o Cancro nas localidades de Melide, Cedeira e Vimianzo, que serán as primeiras en contar cun Club de Saúde, que se poñerán en marcha en xuño nos centros de saúde.

O alcalde, José Manuel Pérez, valorou “moi positivamente a implantación do Club de Saúde no noso municipio xa que vai a mellorar a atención de pacientes con cancro e familiares, tando dende o punto de vista físico como emocional e social”. Ademáis, engadiu “ é un servizo moi necesario en entornos rurais como o noso, no que moita poboación non pode desprazarse continuamente ás cidades para facer uso destes servizos.