Nov 10, 2023 | Actualidade, Axenda, Novas

A actividade celebrarase entre os días 16 e 19 de febreiro na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias.

A Deputación de Coruña, dentro do programa “Campaña da Neve 2024” concedeulle ao Concello de Melide 6 prazas para rapaces con idades entre os 11 e os 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro do 2023). A viaxe celebrarase na 6º quenda a cal transcurre dende os días 16 ao 19 de febreiro do ano 2024.

As inscricións para participar na Campaña de Neve 2024 deberán ser entregadas no Rexistro Xeral do Concello entre o 10 de novembro e o 1 de decembro, de luns a venres de 09:00 a 14:00h.

No caso de recibir máis solicitudes que as prazas concedidas, farase un sorteo público na casa do Concello o 13 de decembro ás 12:00h, tendo prioridade os menos e nenas que nunca asistiran a campañas da neve. Cada participante aboará unha cota de participación de 85 euros que deberá ser realizada unha vez se confirme a praza.

Para descargar a ficha de inscrición preme aquí: https://concellodemelide.gal/wp-content/uploads/2023/11/Folla-de-inscricion2024.pdf