Mar 3, 2023 | Actualidade, Deporte

A manta orixinal, con máis de 14 anos de antigüidade, cambiarase por un novo céspede sintético de última xeración.

O alcalde, José Manuel Pérez, e o concelleiro de deportes, José Prado visitaron esta mañá o inicio das obras de substitución do céspede do campo de fútbol municipal.
Para facilitar a actividade, o Concello de Melide poñerá a disposición dos usuarios un servizo de autobús para que vaian adestrar ao campo municipal do concello de Santiso.
Dende o Concello de Melide agradecémoslle ao Concello de Santiso e ao de Palas de Rei a súa colaboración por facilitar as súas instalacións para que a actividade non se vexa interrompida e ao Cire de Melide pola súa boa disposición.