Nov 17, 2021 | Actualidade, Novas Culturais

O cantón de San Roque do Concello de Melide acolle unha exposición sobre Ricardo Carvalho Calero, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas do ano 2020, e que tivo que ser adiada por mor da situación epidemiolóxica.

A mostra, que se poderá ver ata o 29 de novembro, é froito da colaboración entre a Deputación de A Coruña e o Concello de Melide.

A exposición consta de 13 paneis, a ceo aberto, que describen traxectoria vital e literaria dun dos intelectuais galegos máis importantes do século XX, tanto no tocante á creación e crítica literaria como lingüística. Os seus postulados lingüísticos son a base do movemento reintegracionista do século XXI.