O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, achegouse hoxe ata Santalla de Agrón, onde veñen de comezar os traballos para mellorar a pavimentación e seguridade viaria.
A actuación forma parte do conxunto de obras que se van acometer no núcleo de Corral de Medio (Santalla); Piñeiros, Baltar, Camiño da Costa e Pista de Piñeiros; Mirce, (Moldes) e Marrás (Maceda) e teñen un valor de 𝟑𝟎𝟓.𝟎𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬.

Esta actuación supón, tal e como indica o rexedor, “un 𝐢𝐧𝐯𝐞𝐬𝐭𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐧𝐭𝐞 𝐧𝐚 𝐳𝐨𝐧𝐚 𝐫𝐮𝐫𝐚𝐥 do noso Concello”, con intervencións que van permitir mellorar a seguridade viaria e favorecer o tránsito de varias vías que se atopan deterioradas e en mal estado e que precisan dun arranxo urxente.

