Xul 28, 2023 | Actualidade, Novas, Novas Culturais

A Asociación de Festas de San Roque, o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e Miguel e Tania de Escala Espectáculos 5.9, presentaron esta mañá a programación das festas de San Roque 2023, que encherán Melide do 14 ao 22 de agosto de actuacións musicais e actividades de ocio para todos os públicos.

José Manuel Pérez, alcalde de Melide, destacou “ o gran traballo realizado pola comisión de festas para acadar un completo programa que encherá a Melide de veciños e visitantes para desfrutar dunhas festas de San Roque que xa están consolidadas como unhas das festas grandes de Galicia.

O luns 14 de agosto comezarán as festas coa actuación da orquestra Panorama.

O día 15 será o turno do grupo local de música tradicional Froito Novo, da charanga Mekanica Rolling Band e pechará o día unha das orquestras máis espectaculares do panorama nacional, a madrileña La Misión.

O 16 de agosto, día de San Roque, os protagonistas serán a Banda de Música de Agolada, A Coral Polifónica de Melide, o Grupo Bomba e a orquestra París de Noia. O espectáculo de circo “Glamping de SU.MA” fará as delicias dos máis pequenos na Praza do Convento.

A maxia chegará a Melide o 17 de agosto, da man do Mago Teto que ofrecerá o seu espectáculo “Rock “n” Magic”. O Grupo Los Coleguitas e a orquestra Cinema completarán a xornada.

O venres 18 de agosto continuarán as Festa do San Roque co tradicional Campionato de Tirapedras, o concerto da Banda de Música de Visantoña, o espectáculo infantil de Pakolas, a animación de rúa dos Festicultores Troupe e para finalizar a xornada a actuación da orquestra Olympus.

O sábado día 19 celebrarase o día da Bicicleta, unha actividade para toda a familia que xa ten data fixada no calendario das festas. Herba Grileira amenizará as rúas durante o día e pola noite o Grupo Extra encherá Melide de ritmos latinos. A verbena correrá a cargo da orquestra Marbella.

O domingo 20 de agosto celebrarase o día do río, onde terá lugar como é habitual unha festa campestre na Área Recreativa de Furelos, coa animación musical da charanga Era Visto. A Banda de Música de Arzúa e a orquestra Los Satélites completarán a xornada festiva.

O luns 21 de agosto a verbena correrá a carga da Orquestra el Combo Dominicano.

Como fin de festa, o martes 22 de agosto celebrarase o día do neno con diferentes atraccións para os máis cativos con prezos especiais, xeados e zumos gratis,