No Centro Sociocultural Mingos de Pita de Melide celebrouse esta mañá o acto oficial de presentación do selo postal «Efemérides. Asamblea de Melide», emitido por Correos con motivo do 500 aniversario deste fito histórico.
A cita contou coa presenza do alcalde de Melide, José Manuel Pérez; do subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde; e da directora de Filatelia e Relacións Institucionais de Correos, Nuria Lera, e incluíu a interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia.
Durante a súa intervención, o alcalde salientou que a Asemblea de 1520 marcou o devir político e social de Galicia nun momento clave de transición entre a Idade Media e a Idade Moderna, facendo fincapé na recuperación do voto nas Cortes como xerme do parlamentarismo galego. Sinalou tamén que, 500 anos despois, Correos emite este selo dentro da súa serie de efemérides, cunha tirada de 66.000 exemplares xa a disposición de coleccionistas e da veciñanza.
O rexedor subliñou que «este selo fala de política, de dereitos e, sobre todo, da nosa identidade. É aí onha reside a súa relevancia».

