Set 21, 2021 | Actualidade, Novas Culturais

O pasado sábado levouse a cabo o acto oficial de nomeamento do Centro SocioCultural Mingos de Pita.
Xosé Domingos Fuciños Gómez, coñecido popularmente como Mingos de Pita, foi cofundador do Museo Terra de Melide, creador de varias asociacións para promocionar a cultura do noso concello, mestre de gaiteiros, político, etc.
Durante o acto, o alcalde Jose Manuel Pérez e a concelleira de cultura, Mayka Basalo, tiveron palabras de recoñecemento por todo o que fixo pola cultura e por Melide.
Dende o equipo de goberno queremos agradecer a súa familia, asociacións, veciñ@s e amig@s a súa participación.