Abr 27, 2026 | Actualidade, Novas

Acto de entrega de premios do 15º Concurso de Cantos de Taberna da Foliada de Melide, celebrado na Praza das Coles.

O primeiro premio foi para Cada quen dun lar, o segundo para Nós ó noso e o terceiro para The Ca-ra-cas. As formacións galardoadas recibiron unha cesta de produtos locais.

No 15º Concurso de Cantos de Taberna da Foliada de Melide participaron un total de 21 grupos, que ao longo da mañá encheron de música e animación os bares e rúas da zona antiga de Melide.

No acto de entrega participaron os edís Carme Liñeira, Xosé Igrexas e José María Santín.

A Foliada de Melide continúa ao longo de toda a fin de semana cun amplo programa de actividades.