Mai 8, 2024 | Actualidade, Deporte, Novas

O Concello de Melide foi incluído nos Campamentos Deportivos de Verán 2024, organizados pola Deputación de A Coruña que se celebrarán nas instalacións do I.E.S. Rosalía Mera, no concello da Coruña.

Os campamentos están dirixidos á rapazada de entre 9 e 14 anos de idade (nados entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro do 2015). O concello de Melide correspóndenlle 5 prazas na 2º quenda, a cal transcorre dende os días 30 de xuño ao 5 de xullo.

As inscricións dos interesados realizaranse no rexistro do concello de forma presencial ou a través da sede electrónica ata o día 28 de maio de 2024. No caso de que o número de prazas solicitadas sexa superior ás concedidas pola Deputación realizarase un sorteo na casa do concello o xoves 30 de maio ás 11:00h.

A cota de participación individual establecida pola Deputación é de 85,00 €, que deberán de abonar unha vez confirmada a praza.

FICHA INSCRICIÓN