As tres cantareiras que competiron para ir a Eurovisión actuarán na Foliada de Melide que se celebrará os días 23 e 24 de abril.
MELIDE 11 de febreiro de 2021.– Melide recupera, logo de tres anos sen celebrarse, a súa tradicional Foliada, unha das máis representativas do territorio nacional.
A XV edición da Foliada celebrarase os días 23 e 24 de abril e manterá o seu formato orixinal, coa celebración na xornada do sábado dos tradicionais Cantos de Taberna pola zona vella de Melide, e o Serán, no que participarán grupos de toda a comarca.
Ademais, ao longo da fin de semana celebrarase a mostra de artesanía, obradoiros e actos para todos os públicos nos que a música tradicional será a protagonista.
Aida Tarrío, Sabela e Olaia Maneiro, Tanxugueiras, serán as protagonistas da xornada do domingo. O trío recolle o legado das padeireteiras que traballaron por manter viva a música tradicional galega.
Avaladas por éxitos como “Midas” , “Figa”, “Averno” ou “Terra” (con máis de 11.000.000 de escoitas en plataformas dixitais), tema co que se alzaron como as favoritas do público no Benidorm Fest, chegan a Melide
Nas próximas datas o Concello de Melide anunciará a programación completa da Foliada, na que Melide converterase en referencia da música tradicional.