O grupo de voluntarios de Protección Civil de Melide nace en 1993. O 27 de xuño de 2007, a corporación municipal de Melide decidiu por unanimidade concederlle ao servizo de Protección Civil a Medalla de Ouro de Melide, en recoñecemento ao seu bo traballo, desenvolvido 24 horas ao día.

No mes de setembro de 2007, dotouse ao servizo de Protección Civil dun novo vehículo, un todo terreo especialmente deseñado para a intervención en vías de poboación de difícil acceso que conta cun remolque para o traslado de todo o equipo de excarceración necesario para atender accidentes de tráfico.

A sede de Protección Civil de Melide atópase na propia Casa do Concello.

Presidente: Juan Carlos Curros Vázquez
Secretario: Roberto Vázquez

 Praza do Convento nº5
 proteccion.civil@concellodemelide.gal
 670 498 848