No Concello de Melide fomentamos a participación da veciñanza na vida cultural, económica, política e social, co compromiso de favorecer, impulsar e dinamizar o exercicio deste dereito.
A transparencia é unha ferramenta que nos proporciona chegar directamente á veciñanza, onde podemos ofrecer información completa, verdadeira e útil sobre a actividade da administración pública. Invitámosvos a consultar o noso portal de transparencia donde podedes consultar toda a documentación que desexedes coñecer.
Melide conta cunha APP móbil a través da cal os usuarios e usuarias poden obter información turística, poñerse ao día das novas municipais e enviar suxerencias e incidencias para a súa xestión.
Servizo de Información Municipal a través do Whatsapp para informar á cidadanía de toda a actualidade municipal, avisos de incidencias, programación de eventos, etc.
Para facer uso do servizo é necesario enviar a palabra “ALTA” ao número de teléfono 689 05 83 93 e gardar o contacto na axenda do teu móbil.