Punto Limpo

O servizo do Punto Limpo de Melide atópase no polígono industrial da Madanela. Esta infraestrutura dispón de varios contedores de grandes dimensións para depositar neles non só papel e cartón, envases lixeiros e vidro, senón tamén outro tipo de materiais. Entre eles atópanse os aceites vexeitais, refugallos de obras menores, restos de podas, baterías de automóbiles, voluminosos, electrodomésticos, mobles ou colchóns.

Ademais, o punto limpo de Melide ofrecerá aos melidenses un servizo de balanza e un traspalé para poder manexar todos aqueles residuos que así o demanden. Estas novas dotacións son posibles grazas a un convenio de colaboración asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

Para facilitar a utilización deste servizo polos veciños e veciñas de Melide, o horario de apertura do punto limpo é de mañá e de tarde. As instalacións están abertas os seguintes días:

  • Luns, mércores e sábados: 10.00 a 14.00 horas.
  • Martes e venres: 16.00 a 20.00 horas.

Recollida de plásticos

O Concello de Melide ofrece o Servizo de Recollida de Plásticos Agrícolas como mínimo dúas veces nos ano en tódas as parroquias.

Os residuos plásticos agrícolas orixinan problemas medio ambientais si se queiman de forma incontrolada ou non son tratados ou almacenados axeitadamente.

Entre estes problemas destacan a contaminación do solo e das augas superficiais e subterráneas, ademais do impacto paisaxístico negativo.

Afortunadamente, a implantación de puntos recollida específica en cada parroquia e a prohibición da queima incontrolada destes residuos e o abandono dos mesmos, axudan a disminuir o impacto medioambiental dos plásticos.