Os nosos animais domésticos, como parte desta biodiversidade, achégannos os valores da lealdade, da compañía, axúdannos como nexos de unión entre a nosa sociedade e o patrimonio natural. É por isto que precisamos devolverlles o que nos dan coidándoos e protexéndoos. O benestar animal é unha parte moi importante nas sociedades desenvolvidas.