O Conservatorio Profesional de Música de Melide oferta diferentes alternativas nas disciplinas musicais, no apartado de corda, impártese violín, viola, violonchelo e contrabaixo. En canto ao vento madeira: frauta, clarinete, saxo e oboe. En vento metal: trompeta, trompa, tuba e trombón. Tamén no amplo abaco de posibilidades de formación musical no conservatorio melidense atópase o solfexo, percusión, piano, armonía, guitarra, gaita, canto e acordeón.
Edificio Multiusos, Praza das Universidades s/n
multiusos@concellodemelide.gal
981 507 929