Veñen de rematar os traballos de mellora do viario no acceso a Santa Mariña de Pedourozs, a través da estrada AC-840. Os traballos consistiron na limpeza de cunetas, mellora da capa de rodaxe e posterior aglomerado en quente da estrada.
Esta obra foi financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do Plan de mellora de camiños Rurais 2023-2024, confinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.