O Concello de Melide dispón dun SNL ten como obxectivo fundamental incrementar o uso e prestixio do galego en todos os ámbitos do termo municipal. As tarefas e funcións do dito servizo atinxen tanto ao corpus da lingua como ao seu status. Entre elas, cómpre mencionar as seguintes:
Dinamización lingüística.
Desde o SNL de Melide póñense en marcha programas destinados a conseguir a implicación progresiva de todos os colectivos neste proceso. Para conseguir este obxectivo desenvolve funcións como:
- Realización de campañas de sensibilización encamiñadas a dinamizar o uso do galego nas actividades cotiás da cidadanía en todos os eidos.
- Proposta de programas dinamizadores e actividades que conciencien á sociedade melidá respecto ao uso da lingua galega.
- Potenciación e xestión de liñas de información e axuda para fomentar o uso do galego.
Formación sociolingüística.
O proceso de normalización require tamén de intervencións formativas, tanto lingüísticas como sociolingüísticas. A través delas ensínase galego ás persoas que non o coñecen ou precisan mellorar a súa competencia lingüística tanto na escrita como na súa oralidade. Ademais realízanse labores de:
- Difusión de materiais que contribúan á tarefa normalizadora.
- Xestión da realización de cursos de lingua galega para a poboación en xeral, con especial fincapé na poboación inmigrante.
- Detección das necesidades formativas do cadro de persoal do Concello.
- Colaboración no deseño de programas de formación non lingüística.
Asesoramento lingüístico.
Os obxectivos deste asesoramento son os de:
- Mellorar a calidade lingüística e comunicativa dos textos escritos.
- Fixar criterios lingüísticos propios da organización.
- Ofrecer asesoramento lingüístico externo.
- Elaborar documentos administrativos.