A Escola Infantil Municipal de Melide iniciou a súa andaina no ano 1997, con catro aulas. Nos seguintes anos, a demanda foise incrementando, polo que se fixo precisa unha ampliación do centro que pasaría a contar con seis unidades educativas. Na actualidade, este centro ten funcionando dúas unidades cun total de 30 usuarios. O persoal co que conta son catro traballadoras, unha directora, unha mestra, unha educadora e un persoal de apoio.
Ademais dos propios coidados que se lle dan aos meniños como aseo, alimentación ou descanso, tamén se desenvolven unha serie de actividades educativas para fomentar o seu proceso de aprendizaxe e socialización en todas as súas dimensións a través do xogo, do descubrimento…
Rúa Martagona s/n
escolainfantil@concellodemelide.gal
981 507 738