O Centro de Información á Muller é un servizo público e de balde do Concello de Melide, a disposición de todas as mulleres, que ten por obxectivo ofrecer apoio e asesoramento aos seus problemas. Nas súas instalacións ofrecen os seus servizos tres profesionais: unha psicóloga, unha avogada e unha auxiliar.
Son moitas as iniciativas que se realizan dende o CIM durante todo o ano. Desenvólvense principalmente actividades coeducativas que dende o departamento se levan a cabo nos tres Colexios de Educación Infantil e Primaria da zona e tamén no Instituto de Educación Secundaria. Entre elas, cómpre mencionar os obradoiros de diferente tipo e temática co fin de concienciar aos máis novos da importancia de crear valores en igualdade, e co fin de facer, deste xeito, unha sociedade máis xusta e igualitaria.
O persoal técnico do CIM tamén se encarga da coordinación da Mesa de Coordinación contra a Violencia de Xénero do Concello de Melide. Consulta todos os detalles deste ente premendo no enlace.
As funcións do CIM son, entre outras, as seguintes:
Informa sobre:
- Creación de asociacións (de mulleres rurais, empresarias…), apoio ás que existen, subvencións e coordinación entre elas.
- Subvencións para crear e mellorar empresas creadas por mulleres.
- Programas para mulleres desfavorecidas.
- Casas de acollida, centros de planificación familiar, familias de acollida.
- Cursos, conferencias, encontros, xornadas, seminarios, congresos e actividades que interesen ás mulleres en xeral.
- Oposicións, estudos, bolsas de emprego.
- Actividades de tempo libre, ofertas e demandas de emprego público e privado.
- Recursos e servizos sociais.
- Actuacións doutros organismos.
Orienta en casos de:
- Preparación para entrevistas de traballo.
- Mediación familiar: malos tratos, abandono do fogar, infidelidade.
- Intervención psicolóxica en agresións, abusos sexuais, acoso sexual, etc.
- Interrupción do embarazo e adopcións.
- Dependencias: alcoholismo, drogadición, ludopatía.
Asesora e apoia no eido xurídico-legal en:
- Trámites de procedemento de xustiza gratuíta para conseguir avogado e procurador de oficio.
- Ameazas, agresións de diferente índole e a súa denuncia.
- Separación matrimonial: o convenio regulador, vivenda conxugal, bens adquiridos durante o matrimonio, contribución ás cargas familiares.
- Sentencias incumpridas: impago das pensións alimenticias aos fillos/as.
- Dereitos das traballadoras, baixas laborais, protección da maternidade e paternidade.
Horario
Directora: de luns a venres, de 09:00 a 15:00h
Psicóloga: luns de 11:00 a 14:00h e mércores de 15:30 a 18:30h
Asesora xurídica: martes de 10:00 a 14:00h e xoves de15:00 a 17:00h
Rúa Principal nº44
cim@concellodemelide.gal
981 505 706