A biblioteca pública Xosé Vázquez Pintor atópase no primeiro andar do Edificio Multiusos.
A instalación conta con máis de 300 metros cadrados, repartidos en: sala infantil, sala de estudo e sala de adultos/as (consulta, empréstimo e prensa).
O fondo actual está composto por máis de 21.000 exemplares de libros e material audovisual, seis equipos informáticos con acceso a Internet, servizo de impresión, escáner e Wifi gratuíto.
Recentemente se sumou ao Sistema Integrado de Xestión de Biliotecas Koha.
Acceso ao catálogo da biblioteca: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ )
A biblioteca conta tamén cunha aula de estudo .
Edificio Multiusos, Praza das Universidades s/n
biblioteca@concellodemelide.gal
981 507 929