MODALIDADES
Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.
Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.
Serán subvencionables os gastos xerados no ano 2022 dos servizos constituídos polas actuacións que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de decembro de 2021 e o 30 de novembro de 2022.
REQUISITOS PARA ACCEDER Á SUBVENCIÓN
Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:
Que ben a persoa coidadora solicitante da subvención ou ben a persoa ou persoas que atenda sexan residentes na C.A. de Galicia.
Que a persoa a que se atende presente calquera das seguintes situacións:
Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III.
Que a persoa a que se atende presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
MODALIDADE DE RESPIRO NO FOGAR
A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do servizo de atención a maiores a domicilio para atender necesidades puntuais nos supostos convenientemente acreditados.
Contía da axuda:
Pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas na relación da epígrafe anterior cun máximo de 1.000 euros por beneficiario/ano.
MODALIDADE DE RESPIRO EN RESIDENCIA
A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento da residencia ante unha necesidade puntual nos supostos convenientemente acreditados.
Contía da axuda:
Consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas na relación anterior cun máximo de 1.500 euros por beneficiario/ano.
PRAZO
Ata o 31 de outubro de 2022.