O alcalde, José Manuel Pérez, acompañado polo 1º tenente de alcalde, Jose Antonio Prado e o concelleiro de seguridade cidadá, Xose Igrexas, acudiu ao acto de presentación da nova Oficina Móbil de Atención ao Peregrino que se presentou na parroquia melidense de Santa María.
Ao acto, presidido pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, contou tamén coa participación do Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina.
Durante o acto, a subdelegada do Goberno destacou que a Oficina Móbil de Atención ao Peregrino permite unha atención máis próxima e efectiva aos camiñantes ao participar axentes de varios países.
María Rivas indicou que neste ano retómase a colaboración con corpos de seguridade doutros países que foi interrompida en 2020 por mor da pandemia. En total haberá 27 efectivos no Camiño Francés durante os meses de xullo e agosto procedentes dos corpos de seguridade de Francia, Portugal de Italia. Este ano, añadiu, houbo presenza das policías de Brasil, Alemaña e Reino Unido durante a semana anterior e posterior ao 25 de xullo.