Máis de 1000 persoas participarán nas dúas rutas da proba deste ano. A proba une as localidades de Palas de Rei e Melide a través do Camiño de Santiago. Un completo programa de actividades completa esta cita deportiva.
O Concello de Melide será o sábado 21 de xuño, meta da proba deportiva Os 21 do Camiño, a media maratón que une a localidade con Palas de Rei a través do Camiño de Santiago. Máis de 1000 atletas tomarán parte nesta undécima edición da proba que conta con dúas modalidades, a clásica e a de seis quilómetros.
Entre as e os corredores que se agardan na presente edición, figuran nomes como Pablo Otero, Manu Lorenzo, Tina Fernández e Mónica Gutierrez, entre outros. A saída de ambas probas será ás 18.30h.
Outras actividades
O mesmo sábado pola mañá celebrarase unha actividade de iniciación á orientación para nenas e nenos ata 16 anos. O percorrido conta con dúas distancias, iniciación curta de 2,5km e a longa, de 4km.
Partirá ás 10:30 da mañá do Pavillón Municipal, onde terá lugar a charla técnica para dar saída a proba ás 11:00h. Praza do Convento.