Xan 9, 2025 | Actualidade, Novas

Nesta edición do concurso de escaparates participación 18 locais. O segundo premio foi para a Carnicería Cardelle e o terceiro para a imprenta Intres Fotografía.

Peluquería Carlos Gómez vén de alzarse co primeiro posto no Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Melide. O xurado, que fixo pública onte a súa decisión nun acto celebrado no Salón de Plenos municipal, outorgou o segundo e terceiro premio a Carnicería Cardelle e a Intres Fotografía respectivamente. Na súa decisión, o xurado, designado pola concellería de Comercio, tivo en conta a orixinalidade, a montaxe, a estética, a creatividade e mais a ambientación propia de Nadal dos vinte e cinco escaparates a concurso (seis máis có ano pasado).

O primeiro premio do concurso, obtido pola Peluquería Carlos Gómez ten un valor de 1.000€. O segundo premio, que obtivo Carnicería Cardelle, é de 500€. Por último, o terceiro premio, vai para Intres Fotografía con 250€.

O concurso natalicio, que continúa medrando ano a ano en participación e sumando novos comercios, é unha das iniciativas do Concello que promoven a creación dun ambiente único de Nadal no municipio durante as datas festivas

O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, valorou moi positivamente a edición deste ano, tanto polo nivel da decoración como polo incremento no número de establecementos participantes.