Mai 5, 2023 | Actualidade, Axenda, Novas

A Asociación Milli Riders poñerá en marcha a VIII edición do Festival Motorock que se celebrará en Melide os días 30 de xuño e 1 de xullo.

A asociación moteira Milli Riders presentou xunto ao alcalde, José Manuel Pérez, a VIII edición do Festival Motorock que ateigará o noso concello de afeccionados ás motocicletas os días 30 de xuño e 1 de xullo.

Esta edición conservará o lugar de celebración das anteriores edicións, as inmediacións do Parque Rosalía de Castro.

José Manuel Pérez, alcalde de Melide “agradeceulle a asociación moteira o esforzo realizado por sacar adiante un evento cunha programación tan completa, que seguro encherá Melide durante toda a fin de semana”.

A VIII edición do Festival Motorock Milli Riders comezará o venres 30 de xullo, cunha cea moteira e os concertos do grupo local “Leirabuxo” e do grupo de pop-rock “El Borrón del Escribano”

O sábado, 1 de xullo, os participantes poderán desfrutar dunha ruta moteira pola comarca que rematará cun xantar de confraternidade. Pola tarde, celebraranse varios espectáculos da man do rei do Freestyle, o portugués Paulo Martinho. O grupo “Los Alcantara” e o DJ “Josy da Graver” actuarán nunha noite que ten como especial protagonista ao grupo valencianos “Los Inhumanos”.