Set 3, 2024 | Actualidade, Novas

A adecuación e posta en valor da Rúa Ovedo e a mellora da pavimentación e seguridade vial na Avd. De América e rúas Alfonso Fernández Florez, Alfonso Castelao e Magallanes, serán as actuacións a realizar.

O Pleno municipal de carácter extraordinario do Concello de Melide celebrado na mañá do 2 de setembro acordou de xeito unánime a participación na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+adicional 2/2024 da Deputación da Coruña. Os proxectos aprobados supoñen un investimento total de 386.919,86 euros.

O primeiro proxecto contempla a adecuación e posta en valor da Rúa Ovedo, que responde ao compromiso de recuperación progresiva do casco histórico. Os traballos consisten na renovación do saneamento, instalación dunha nova rede separativa de recollida de pluviais e na renovación do pavimento con lousa tradicional. O investimento total ascende aos 204.055,43€

No respectivo ao segundo proxecto, contémplase a mellora da pavimentación e seguridade vial na Avenida de América e nas rúas Alfonso Fernández Florez, Alfonso Castelao e Magallanes.

Este proxecto supón darlle continuidade os xa realizados nas rúas colindantes da zona nordeste do núcleo urbano melidao. O investimento total ascende a 182.864,43€.