A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide e o Concello do municipio, celebrará o venres 8, sábado 9 e domingo 10 de agosto o ‘Mercamelide na Rúa’ en diversos comercios locais da vila con grandes descontos e cunha ampla variedade de artigos.
As tendas que queiran participar, e non se anotaran xa a través de Asetem, teñen que enviar un correo electrónico a comercio@concellodemelide.gal .
Durante os tres días que dura a campaña de oportunidades, o venres 8, sábado 9 e domingo 10, os comercios participantes terán nos seus locais descontos e rebaixas especiais en artigos e produtos en stock. O horario das tendas no ‘Mercamelide na Rúa’ será o habitual de cada unha, tanto de mañá como de tarde. A maiores, estes establecementos contarán cuns carteis identificativos para poder atopar os participantes con facilidade.
Esta edición do ‘Mercamelide na Rúa’ coincidirá por segundo ano consecutivo coa Feira Medieval da localidade. Este acontecemento fará que aumente o fluxo de turistas e visitantes que durante esa fin de semana se acheguen a Melide para mercar nas tendas e consumir nos locais de hostalería.