Ago 7, 2023 | Actualidade, Novas

A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide, en colaboración co Concello do municipio, celebrará o venres 11 e sábado 12 de agosto o ‘Mercamelide na rúa’ en preto dunha vintena de comercios locais da vila con grandes descontos e cunha ampla variedade de artigos.

Nesta nova edición do ‘Mercamelide na rúa’ participan 18 comercios de proximidade de diversos sectores que son: Toysmaniatic Melide, Mis Mejores Labores, Flor de Toxo, Goalkers Melide, Stardemoda, Sueños Moda Infantil, Colorín Colorado, Romero Zapaterías, Tu Boutik, Modas Alfonso, Calzados Broz, Electrosan, Mercería Marvi, Shako Moda, Creacións MJ, M&M Moda, Sisuka e Magnin.

Durante os dous días que dura a campaña de oportunidades, o venres 11 e sábado 12, os comercios participantes terán nos seus locais descontos e rebaixas especiais en artigos e produtos en stock. O horario das tendas no ‘Mercamelide na rúa’ será o habitual de cada unha, tanto de mañá como de tarde. A  maiores, estes establecementos contarán cuns carteis identificativos para poder atopar os participantes con facilidade.

Dende o equipo directivo de ASETEM – CCA fan fincapé nos obxectivos principais que ten o ‘Mercamelide na rúa’ , o gran motivo da celebración desta iniciativa é axudar e impulsar a venda daqueles produtos en stock que os establecementos de proximidade non conseguiron vender en tempada. Por parte do Concello, Xosé Igrexas, afirma “a aposta un ano máis da Administración municipal con ASETEM na organización do ‘Mercamelide na Rúa’, o que a aposta decidida no apoio ao comercio local”. Esta actividade nas rúas da vila tamén promove as compras nos establecementos locais durante dous días nos que a localidade melidense aumenta substancialmente a súa poboación. Por último, e moi ligado co obxectivo citado anteriormente, favorecer que os turistas e visitantes teñan unha razón máis para achegarse ata o centro de Galicia e descubrir todas as opcións e recursos turísticos da comarca da Terra de Melide.

Ademais, o sábado 12 o Concello de Melide organiza dentro do Verán Cultural un concerto da artista Catuxa Salom o que poñerá o punto final a esta nova edición do ‘Mercamelide na Rúa’.