O Mercado Medieval e o Mercamelide na Rúa regresa á zona vella de Melide os días 8, 9 e 10 de agosto cunha ampla e variada programación para todos os públicos.
O Mercado Medieval e o Mercamelide na Rúa regresa á zona vella de Melide os días 8, 9 e 10 de agosto cunha ampla e variada programación para todos os públicos.
Por unha banda, a feira do medievo abrirá as súas portas o venres 8, ás 19:00h, a partir dese momento veciñanza e visitantes poderán desfrutar do recuncho infantil, pasarrúas musicais con Gaeloc, espectáculos co Bufón Vermello e cazadores de dragóns.
Sábado e domingo, o Mercado Medieval, arrincará ás 11:00h. Durante toda a fin de semana non faltará a música e os espectáculos de rúa para encher a vila de troula. Nesta feira haberá diversos postos de comida, roupa, calzado, beleza e bixutería; así como espazos e atraccións para os nenos e nenas, entre as que podemos atopar o tiro con arco.
Para despedir unha nova edición do Mercado Medieval, o domingo ás 21:45h, haberá un pasarrúas de despedida con todas as compañías participantes.
Pola outra banda, o Mercamelide na Rúa contará con preto de 20 comercios locais participantes nos que haberá diversos descontos nos seus produtos e artigos. Unha nova oportunidade para apoiar os establecementos de proximidade da vila.
Dende o Concello de Melide anima a toda a veciñanza da contorna e visitantes que durante eses días estean por Melide a visitar o municipio e o seu Mercado Medieval e o Mercamelide na Rúa.