~

Sede

Electrónica

Perfil

do contratante

Taboleiro

de anuncios

O Concurso de Escaparates de Nadal de Melide convida un ano máis ao comercio local a decorar os seus establecementos con motivos propios das datas

Nov 21, 2024 | Actualidade, Novas

Os comercios interesados pódense inscribir ata o día 5 decembro. Haberá tres premios, por valor de 1.000, 500 e 250 € respectivamente. O xurado valorará aspectos como  orixinalidade, a creatividade, a estética e a montaxe da decoración.

O Concello de Melide convoca unha nova edición do Concurso de Escaparates, un certame consolidado que convida aos establecementos comerciais do municipio a colaborar coa decoración de Nadal enfeitando os seus propios escaparates con motivos alusivos a estas festas. Con este obxectivo, o Concello xa se dirixiu ao conxunto de comercios e de hostalería a través dunha misiva do concello, anima á participación e onde se lle achega a cada comercio as bases do concurso.

As mencionadas bases sinalan que poderán participar todos os establecementos comerciais ou hostaleiros situados en Melide, con independencia do produto que oferte. A decoración deberá gardar relación con motivos natalicios, e valorarase a súa orixinalidade, estética, creatividade e montaxe. Ademais, cando haxa algún texto na decoración, este deberá estar escrito en lingua galega.

Os escaparates deberán permanecer decorados polo menos entre os días 6 de decembro de 2024 e 7 de xaneiro de 2025. O concurso repartirá tres premios. O primeiro terá un valor de 1.000€. O segundo, de 500 €. Por último, o valor do terceiro premio será de 250 €. Para participar, os establecementos interesados poderán enviar un correo electrónico a comercio@concellodemelide.gal con data límite 5 de decembro de 2024.

Haberá un xurado designado dende a Concellería de Comercio que valorará os establecementos a concurso e fará pública a súa decisión nun acto que terá lugar o martes 8 de xaneiro no Salón de Plenos do Concello, dando comezo ás 12 da mañá. Na edición do ano pasado houbo un total de 25 establecementos no concurso.