Dec 3, 2022 | Actualidade

Repartiranse tres premios por valor de 1.000, 500 e 250 euros respectivamente. O prazo de inscrición abre ata o 9 de decembro. Valoraranse aspectos coma a orixinalidade, a montaxe, a estética, a creatividade ou a ambientación de Nadal nos escaparates a concurso.

O Concello de Melide vén de lanzar unha nova edición do Concurso de Escaparates de Nadal. Calquera establecemento comercial do municipio pode participar nesta nova edición, enfeitando o seu escaparate con decoración relacionada cos motivos e ambientes natalicios, de forma que se contribúa a adornar Melide nestas entrañables datas.

Á hora de seleccionar os establecementos gañadores, o xurado terá en conta a orixinalidade, a montaxe, a estética, a creatividade e mais a ambientación propia do Nadal da decoración. Se hai texto incluído na composición, este deberá estar redactado en galego.

Nesta edición, o concurso volve contar cun primeiro premio de 1.000 euros, un segundo de 500 € e un terceiro por valor de 250 €.

Para participar no concurso, os escaparates deberán permanecer decorados polo menos entre o 12 de decembro de 2022 e o 6 de xaneiro de 2023. A inscrición pode facerse enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodemelide.gal antes do 9 de decembro.

O xurado fará pública a súa decisión o luns 9 de xaneiro de 2023 ás 12h no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Podes connsultar as bases na seguinte ligazón: https://cutt.ly/c1HFinh