O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía. Está integrado polos concelleiros e presidido pola Alcaldía, tenente de alcalde ou concelleiro no que delegue. Controla e fiscaliza os órganos de goberno, exerce a potestade regulamentaria e orzamentaria e demais atribucións que lle outorgan as leis.
As sesións plenarias, de libre acceso, pódense visualizar en directo a través das redes sociais do Concello de Melide, quedando rexistradas na canle oficial do Concello na plataforma Youtube.