~

Sede

Electrónica

Perfil

do contratante

Taboleiro

de anuncios

O Concello de Melide solicítalle á Consellería de Sanidade atención pediátrica durante os meses de verán

Xul 5, 2024 | Actualidade, Novas

O Concello de Melide vén de remitirlle á Consellería de Sanidade un escrito solicitando que se cubra a praza de pediatría, logo de coñecer que o Centro de Saúde de Melide non contará con atención especializada en pediatría dende xullo ata comezos de outubro.

Segundo as informacións recibidas, os nenos/as menores de 3 anos serán derivados a atención especializada de pediatría doutros concellos e os maiores de 3 anos serán atendidos polo medico/a de familia dos seus proxenitores.

O alcalde, José Manuel Pérez destaca “a sanidade pública é un servizo imprescindible, básico e necesario”, ademáis engade ” un Concello coma Melide precisa de atención pediátrica todo o ano, e máis nos meses do verán no que a poboación aumenta exponencialmente.