Nov 4, 2025 | Actualidade, Novas

O Concello repartirá outros 100 composteiros domésticos de forma gratuíta.

O Concello de Melide a través da Concellería de Medio Ambiente lanza unha segunda campaña de compostaxe doméstica, co obxectivo de impulsar a compostaxe domiciliaria en orixe, aproveitando os beneficios que aporta esta técnica, nun claro intento de contribuír a unha maior reciclaxe.
Nesta segunda fase repartiranse 100 composteiros, que xunto ao reparto feito no 2022 levaranse repartido 200 composteiros domésticos no Concello de Melide
Con esta nova campaña tamén se repartiran entre os grandes produtores do sector da hostalaría 10.000 bolsas biodegradables para facilitar a recollida e aumentar o proceso do compostaxe.
Para facilitar o repartos dos composteiros domésticos ábrese un prazo para solicitalos dende o día 5 de novembro ata o día 21 de novembro. Pódese facer a través do teléfono do concello no 981505003 ou a través do correo electrónico comercio@concellodemelide.gal, e tamén de forma presencial.

Xosé Igrexas, concelleiro de medio ambiente destaca que : “ Estas iniciativas son fundamentais para xestionar de maneira mais eficiente os nosos residuos e darlles un destino que será un abono natural, reciclando gañamos todos e todas, polo que seguiremos apostando por estas iniciativas, como tamén o é, a recollida de cartón porta a porta nos comercios do noso pobo”