~

Sede

Electrónica

Perfil

do contratante

Taboleiro

de anuncios

O Concello de Melide repartirá doces nos autobuses da Axencia de doazón de sangue para promocionar a Festa do Melindre

Mai 2, 2024 | Actualidade, Novas

Mañá venres 3 de maio comezará na Coruña o reparto de “ricos”, os doces tradicionais exclusivos da terra de Melide, acción que se estenderá tamén a Lugo e Santiago a seguinte semana.

Un ano máis o concello de Melide pon en marcha a colaboración con ADOS -a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue- para promocionar a Festa do Melindre e a repostaría tradicional, que terá lugar en Melide os próximos días 11 e 12 de maio.

Con esta acción, que dará comezo na Coruña e continuará os próximos días en Lugo e Santiago, ademais de Melide, repartiranse os doces de típicos da vila nos buses da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue a todas as persoas que se acheguen a doar sangue. O calendario de lugares e datas onde se poderá doar e levar un paquetiño con ricos de Melide é:

? ?????̃? (?????́? ??????). Venres 3 de maio: de 15:30 a 21 h

???? (????? ?????) Mércores 8 de maio: 9:30 a 14:30 h

???????? (????? ????). Mércores 8 de maio: 15:30 a 21 h

?????? (?????? ??????́? ?? ??????, fronte ao centro multiusos e biblioteca municipal). Venres 10 de maio: 10:15 a 14 h e 16:15 a 21 h

?? ??????? ?????́????? ???? ??? ???.??? ?????́?? ?? ??????. Para ser doante, precísanse ??????? ????? ??????????

  • Ser maior de 18 e menor de 65 anos.
  • Pesar máis de 50 Kg.
  • Non estar embarazada nin ter dado a luz nos últimos nove meses.
  • Non ter padecido hepatite ou convivir con pacientes que a padecesen nos últimos seis meses.
  • Non ter padecido enfermidades infecciosas con febre e/ou tratada con antibióticos nos últimos quince días.
  • Informarse sobre o sida e estar seguro de non pertencer a ningún grupo de risco.
  • Non residir nos últimos seis meses en zonas endémicas de paludismo.

Calquera dúbida sobre requisitos, enfermidades ou medicamentos débese consultar co médico que atende aos doantes. Dúbidas: 900 100 828 (gratuíto).

Esta acción non será a única que realizará o Concello de Melide, pois en breve comezará tamén a promoción dos produtos e do evento en varios restaurantes da provincia con chefs embaixadores da festa, e da que se informará polo miúdo nos próximos días.